Bo día reigosiños 👋
Hoxe imos iniciarnos no IOGA.
😯 Pero, profe, iso qué é?
Pois consiste en realizar posturas e estiramentos para mellorar a nosa postura corporal e evitar lesións 👌 importante, non si?
Precisades unha esterilla ou alfombra pequena.
É importante seguir as explicacións do vídeo para colocarnos ben.
Podemos retar a algún familiar para que faga as posturas connosco, así será máis divertido👍
Déixovos un vídeo coa explicación:
Encantaríame recibir as vosas imaxes ou vídeos practicando actividade física, podedes contactar comigo por correo mariagim3@gmail.com
Espero que o pasedes xenial xogando coa familia e mellorando a vosa flexibilidade 😉😉
Unha aperta!