Bo día reigosiños 👋
Hoxe imos practicar a forza-resistencia do tren inferior.
😯 Pero, profe, iso qué é?
Pois é mellorar a forza das nosas perniñas, para evitar lesións e para aguantar moito máis tempo xogando sen cansarnos 👌 importante, non si?
Precisamos envoltorios ou cartóns de papel de cociña.
Tamén vale recortar folios ou cartolinas con forma alargada e pegalos ao chan.
É importante que sexa blando para non esvarar si o pisamos.
Os reigosiños de infantil poñede 4 liñas.
Os reigosiños de primaria podedes poñer entre 5 e 10, ao voso gusto!
Despois retamos a algún familiar para que faga o circuíto connosco, así será máis divertido👍
Déixovos un vídeo coa explicación:
Encantaríame recibir as vosas imaxes ou vídeos practicando actividade física, podedes contactar comigo por correo mariagim3@gmail.com
Espero que o pasedes xenial xogando coa familia e mellorando a forza-resistencia😉😉
Unha aperta virtual!