Bos días!! 🙋🙋
Espero que estedes moi ben.
Hoxe non precisamos material, simplemente un dispositivo para reproducir o vídeo que vos deixo abaixo, reunimos a toda a familia e... A MOVERSE! 💪💪💪
Recordade ensinarlle á familia o noso quecemento:
Comezamos polos nocellos, xeonllos, despois cadeira, ombreiros, cóbados, pulsos e dedos.
Por último o pescozo, despacio para non marearse!!
Si vos animades, enviádeme algunha foto ou vídeo: mariagim3@gmail.com
Tamén podedes consultarme dúbidas ou propoñer novos retos para os vindeiros días 😊