Bo día reigosiños 👋
Hoxe imos practicar a velocidade de reacción para movernos na casa.
O que temos que facer é recortar a forma que máis che guste e poñer números do 0 ao 10.
Temos que poñelos nunha parede, os de infantil pegámolos en orde e os maiores desordenados.
Despois pedimos a algún familiar que nos vaia dicindo números e temos que tocalos o máis axiña posible, podemos medir canto tempo tardamos e intentar melloralo despois 😏👍
Déixovos o vídeo explicativo aquí:
🎥🎥🎥 https://youtu.be/RFIrNBUJwQo 🎥🎥🎥
Espero que o pasedes xenial xogando coa familia e mellorando a velocidade de reacción😉😉
Unha aperta virtual!