Estes días estamos a colaborar coa Investigación sobre actividade física escolar da Universidade de Vigo.
Este é un proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Investigación e leva por título "Establecemento de estándares da Competencia Motriz en educación primaria a través de alfa-mo: camiño á adquisición de estilos de vida saudables". (PID2021-128640OB-100)
O obxectivo principal é valorar a competencia motriz dos escolares galegos de educación primaria coa app ALFAMOV e así posibilitar unha intervención temperá.
Trátase dunha toma de datos onde o alumnado de primaria terá que realizar diversas habilidades de desplazamentos (correr, saltar, pata coxa...), de control de obxectos (lanzar, batear, chutar un balón) e de equilibrio (sobre un pe, volteretas...).
Os datos serán tratados con absoluta confidencialidade e anonimato dacordo coa Ley Orgánica de protección de datos.
Agradecementos a todo o alumnado participante, deixámosvos un breve resumo.