DEPORTE INCLUSIVO
Hoxe visitamos o campus de Vigo para asistir ás IV Xornadas de deporte inclusivo para centros educativos, a cargo de ENKI.
Desfrutamos de moitos deportes adaptados, coma goalball, boccia, atletismo, handbike, slalom, rugby, esgrima, tenis e voley adaptado.
Foi unha mañá diferente e moi divertida onde puidemos comprobar que non existen obstáculos para a práctiva deportiva.