martes, 17 de marzo de 2020

Don´t panic! Seguimos en forma 🎥


Saúdos, familias e alumnado!

    Cómo levades estes primeiros días? Espero que estedes moi ben e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias. Recordade que todo VAI SAÍR BEN !

       Dende o departamento de Educación Física vos animamos a seguir facendo exercicio dende casa.
Seguro que algúns estades desfrutando no xardín, outros polo salón da casa ou mesmo no cuarto, hai moitas posibilidades para facer actividade física!

  Mans á obra; primeiro buscaremos un dispositivo para reproducir música, escollede a que mais vos guste a toda a familia e... A MOVERSE!

    Reto para hoxe, ensinarlle ás familias o noso quecemento:
Comezamos polos nocellos, rotando, pasamos aos xeonllos, despois á cadeira, ombreiros, cóbados, pulsos e dedos. Por último o pescozo, recordade, despacio para non marearse!!

A continuación, facemos un TABATA EN FAMILIA

                                                  ⇓⇓⇓
Para ir á ligazón         ⇒  TABATA KIDS  ⇐   🎥 premer aquí
                                                  ⇑⇑⇑



       

       Por último, invítovos a seguir o instagram ef_a_reigosa , para ver novos retos e enviarme fotos vosas facendo os retos.
   Sería fantástico que todos compartamos o noso traballo e así animarnos uns aos outros!!



Deixade en comentarios qué vos parece a idea e cal é o voso exercicio favorito, o meu xa sabedes que son os kick backs ou burpees!!