Bos días!! 🙋🙋
Espero que estedes moi ben. Seguro desfrutando destes días, no xardín, no salón ou no cuarto, hai moitas posibilidades para facer actividade física!
Para a clase de hoxe non necesitades material, simplemente un dispositivo para reproducir o vídeo que vos deixo abaixo, reunimos a toda a familia e... A MOVERSE! 💪💪💪
Recordade ensinarlle ás familias o noso quecemento:
Comezamos polos nocellos, rotando, pasamos aos xeonllos, despois á cadeira, ombreiros, cóbados, pulsos e dedos. Por último o pescozo, recordade, despacio para non marearse!! 🏃
Para os maiores vos propoño un Tabata mais intenso, animádesvos? TABATA 4º 5º e 6º⇑⇑⇑
Aclaracións:
*Nas flexo-extensións de brazos podedes apoiar os xeonllos e non xirar si vos costa moito.
*Na plancha podedes manter a posición sen moverse.
*Nos deadlift ou peso morto podedes facelos sin saltar, mantendo o equilibrio.
Comentádeme si vos gustan estas clases, si queredes máis retos ou a qué estades xogando estes días e así podo aportarvos ideas diferentes 😊