O 12 de novembro celebramos o Magosto organizando unha divertida xornada de xogos populares e tradicionais nos campos exteriores do centro; a comba, o pano, os bolos, a goma, a rá, os zancos, carreiras de sacos, soga-tira... foron os protagonistas deste día. Dende 3 anos ata 6º de primaria foron pasando polas distintas estacións desfrutando dos xogos nun día onde o clima acompañou e estes xgos nos acompañaron durante os recreos do resto do curso.