lunes, 25 de mayo de 2020

Figuras novas 😎

Ola ola, reigosiños  👋

Hoxe seguimos con acrosport, ¿xa sabedes qué é?
Podedes investigar un pouco na rede sobre este deporte, chamado Ximnasia acrobática.

No cole é interesante practicalo porque melloramos o noso equilibrio, a nosa forza e o control do noso propio corpo, importante, non si?

Imos comezar, veña, poñédevos roupa cómoda e buscade unha alfombra ou esterilla para que o chan estea blandiño e non facernos dano. Pode ser no xardín si tedes! 🍃

Buscamos algún familiar para que nos acompañe e poñemos música 🎶
Comezamos co noso quecemento, que xa o sabemos facer.
E a practicar!!

SABEDES QUÉ LETRAS SON? 🔎🔎





IMPORTANTE 🚨
Temos que ter moito coidado para non mancarnos, pedimos axuda aos maiores e non facemos nada que nos dé medo ou impresión. Importante apretar a zona abdominal, a barriguiña, para non doblar a espalda e non mancarnos na zona lumbar.

Si consigues unha figura e che apetece probar outras, ánimo, ti podes!💪💪

Estarei encantada de ver as imaxes que me enviedes ao correo mariagim3@gmail.com
🙋