miércoles, 20 de mayo de 2020

Acrosport 👦👧

Ola ola, reigosiños  👋

Hoxe imos iniciarnos no acrosport, ¿sabedes qué é?
Podedes investigar un pouco na rede sobre este deporte, chamado Ximnasia acrobática.

No cole é interesante practicalo porque melloramos o noso equilibrio, a nosa forza e o control do noso propio corpo, importante, non si?

Imos comezar, veña, poñédevos roupa cómoda e buscade unha alfombra ou esterilla para que o chan estea blandiño e non facernos dano. Pode ser no xardín si tedes! 🍃

Buscamos algún familiar para que nos acompañe e poñemos música si queremos 🎶
Comezamos co noso quecemento, que xa o sabemos facer.

A continuación escollemos unha das seguintes figuras e a practicar!!






IMPORTANTE 🚨
Temos que ter moito coidado para non mancarnos, pedimos axuda aos maiores e non facemos nada que nos dé medo ou impresión. Importante apretar a zona abdominal, a barriguiña, para non doblar a espalda e non mancarnos na zona lumbar. Intentamos ter o corpo en liña.

Si consigues unha figura e che apetece probar outras, ánimo, ti podes!💪💪

Estarei encantada de ver as imaxes que me enviedes ao correo mariagim3@gmail.com
🙋